GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0605

ABAU/2016-2017/CD17/xuño/30

Comisión Delegada17
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Día tras día, vivimos sometidos ó consumismo, a gastar por gastar e a non pararnos a pensar,: pero, realmente eisto faime falta? A maioría das veces a resposta é negativa. E é que todos nós nacimos nun mundo así, por desgraza, no que deixamos de lado moitos valores morais e nos centramos niso, en mercar. E no caso dos productores, igual.

Un claro exemplo disto está no emprego masivo de máquinas e aparellos tecnolóxicos, deixando cada vez a máis xente sen emprego. Pois está claro que do outro lado da moeda, dende o punto de vista do productor, importa obter os máximos beneficios. E unha vez máis, facer fronte a tanta demanda dos consumidores.

No caso dos consumidores, máis ou menos, o conto é o mesmo. Xa non nos importa non poder permitírnolo, danos igual que a nosos pais lles coste un ollo da cara... Se queremos algo que estea de moda, vai ser noso. E isto é ben triste, pois parece que se nos falta algo que o resto ten, xa estamos excluídos da sociedade.

E así vivimos actualmente, nun mundo no que comprar o máximo posible e vender o máis que se poida, é o pan de cada día, deixando de lado o resto. Simplemente, estamos manipulados polo diñeiro. E, por moito que nos coste admitilo, todos somos consumistas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt