GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0606

ABAU/2016-2017/CD17/xuño/31

Comisión Delegada17
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente é evidente que se vivían vive nunha sociedade consumista. Cómprase todo o que sexa, aínda sen necesitalo, e así prodúcese un maior aumento da produción. Por norma xeral é sempre deste xeito, pero pódense dar ocup ocasións ou periodos de crise nos que estes hábitos cambian.

Dentro da produtividade, por desgraza, un sector da sociedade española ten esa mentalidade de ser pouco produtivos en certos traballos porque pensan que non ten tanta importancia como outros ou mesmo pensan que non é necesaria esa produtividade para alcanzar mellores logros ou certas metas.

Pola parte do consumismo, considero que este é un grave problema para a forma de vida actual. Unha das razóns é porque unha persoa se acaba sumindo nun estado obsesivo e compulsivo de comprar e comprar obxectos que non se precisan. Dito estado pode ser tamén propiciado por certas modas entre mozos e non tan mozos e mozas, e mesmo por considerarse de maior clase por adquirir algo. Estas razóns deben conlevar á reflexión a toda a sociedade e máis alá, mesmo ao sector educativo ou ao de orientación para impartir nas aulas unha educación de consenso e reflexión. Maiormente porque se está forxando unha sociedade consumista sen fundamento e iso non é nada beneficioso para ninguén.

Para concluír, débese consumir e ser produtivo, pero principalmente esta primeira debe ser de forma razoable porque se non, chegarase a un punto que ninguén teña control sobre os seus actos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt