GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0622

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/06

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É moi evidente que a gastronomía e a cociña conseguiron situarse como un dos ámbitos máis populares do mundo e é preciso centrarse nos orixes deste auxe e a repercusión que ten.

Un dos factores deste fenómeno que estamos a tratar pode ser o desexo de evasión doutros contextos negativos. Concretamente en España, a raíz da crise económica é posible observar un aumento deste sector, en parte influídos pola necesidade de buscar novos camiños e saír doutros ámbitos con problemas.

Porén, penso que o verdadeiro auxe da gastronomía é consecuencia do descubrimento dunha cociña innovadora, que pode ser vista dende unha gran variedade de perspectivas e , xa que logo, abre a porta a todo tipo de cociñeiros. Tamén é certo que a gastronomía máis comercial está restrinxida a un certo tipo de comidas, valoradas pola gran concentración de sabor por cm². Neste sentido, penso que se debería ampliar un pouco o abano de tendencias e non desprestixiar tanto o clásico.

En canto ás súas expectativas de futuro, creo que a cociña vai seguir en aumento e pode conseguir una internacionalización e unha globalizacion moito maior. Non obstante, debe manter uns prezos e unaha accesibilidade ó alcance dunha maioría de xente, pois é ben certo que os mellores platos son cada vez máis difíciles de conseguir económicamente, causando certtas desigualdades sociais.

Penso, ademais, que a gastronomía trae consigo un progresivo aumento do turismo e do cambio cultural entre cidadáns, adquirindo a poboación un maior nivel de coñecementos xerais.

En conclusión, o auxe da gastronomía ten moitos aspectos positivos económica e socialmente, mais se non se axustan a un esquema ético, a repercusión que ten pode volverse na súa contra


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt