GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0624

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/08

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día, cada vez son máis as personas que, no seu tempo libre, adícanse a cociñar. Esta está converténdose nunha afición moi popular entre adultos e mozos, que pasan horas e horas preparando pratos na cociña.

Unha das causas deste fenómeno poderiamos atopala nos estresantes traballos da nosa sociedade. Os horarios perseguen no seu ao traballador ao longo de todo o día, as présas por chegar dun sitio a outro e o estrés dos prazos que impón o mundo laboral fan que cada vez sexa máis necesaria unha afición coa que distraerse e esquecerse, aínda que por pouco tempo, dos compromisos de cada un.

Outra das posibles causas de que a afición escollida sexa a gastronomía pode derivar da anterior. Os traballos actuais restan tempo aos momentos do día adicados a descansar e ao xantar. Por isto, cada vez son máis as persoas que almorzan de camiño ao traballo, de volta a casa, no mesmo traballo ou que, incluso, non atopan tempo para almorzar.

Desta forma pode entenderse que de vez en cando se can aparezan caprichos dunha boa comida e dun bo xantar.

É por todo isto polo que, se as condicións laborais cambiasen e houbese máis tempo (ademais de salarios máis elevados para poder ir a restaurantes) as comidas diarias serían de máis calidade e non se precisarían estes antoxos dunha boa comida.

A outra principal causa é a crise. Unha crise que afecta a milleiros de persoas que apenas poden chegar a fin de mes. Estes non poden ir a restaurantes, nin celebrar acontecementos nunha festa. Por isto prefiren facer a comida eles mesmos dunha forma igual de boa e máis barata.

Esta "moda" pode aumentar a calidade dos almorzos en dirección a ter vidas máis saudables polo que, a pesar da necesidade de melloras laborais e económicas, debería manterse a gastronomía como pasatempo das persoas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt