GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0627

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/11

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía está presente nas nosas vidas dende fai siglos, constituindo o blasón de moitas casas, pobos e países. A comida é un elemento diferenciador dentro de cada cultura. De feito, cando viaxamos a un novo país, sempre probamos os pratos típicos, por que? Quizáis porque dalgunha maneira a través da comida esté a historia desa nación, dos seus antepasados,... Hoxe en día, semella estar de moda o feito de recuperar as cousas "de toda a vida", colocándolles a etiqueta de vintage. Pero xa non se chama lacón con grelos, senon algún tipo de deconstrución, ou redución cunhas gotiñas dalgunha espuma de algo tremendamente novidoso. É así como recuperamos e transformamos os nosos pratos de sempre? Eu opino que chega un punto en certo campo que pode parecer que xa se probou todo e que non se pode reinventar máis, e que por iso, neste caso no mundo da gastronomía, os novos experimentan co de sempre para darlle un novo concepto. Persoalmente creo que si que se trata dunha moda pasaxeira que quizáis a xente acepte polo simple feito de que "se leva agora". Prefiro a moda de comer sán (que non debería ser unha moda), á moda de pagar un prezo desorbitado por unhas gotiñas de espuma de polbo, cando podes comer un verdadeiro polbo á feira por moitísimo menos, pero que vale moitísimo máis, e que verdadeiramente amosa a historia dunhas xentes, que sempre permanece, non como as modas. As modas son algo pasaxeiro, e tal vez cíclico, mais son simples intentos de plaxiar ou superar "o de sempre".


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt