GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0628

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/12

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía é algo que pode identificar a un lugar. Por exemplo, nós asociamos o cocido con Galicia, a paella con Valencia ou mesmo as hamburguesas con Estados Unidos. Día tras día, a profesión de gastrónomo está máis demandada. Antes, simplemente importaba o que se comía na casa ou a comida asociábase a algo máis tradicional e propia dunha cultura.

Nos últimos anos, popularizáronse programas como "MasterChef" ou "Pesadilla en la cocina". Programas que conseguen financiar carreiras culinarias de grandes talentos gastronómicos (caso de MasterChef) ou simplemente nos ensinan a realidade dos sitios onde comemos con recursos lamentables, falta de hixiene, incapacidade dos empregados... Pero á xente gústalle iso, gústanlle os "shows".

Ter cinco estrelas michelín considérase hoxe en día case tan importante como ter un título da monarquía, por así dicilo. Aínda que claro, tamén é certo que hai xente que opta a métodos máis eficaces que as estrelas michelín, tales como as cadeas de comida rápida. Hoxe en día, hai restaurantes como Mc Donalds aos que lles é necesario dar unha orde para ter a millóns de persoas con problemas cardíacos e casos de obesidade tras de si. Nestes terreos, a comida pode considerarse unha moda pasaxeira. Poñamos por exemplo, os famosos vasos de café de Starbuck’s. A quen non lle ía gustar probar café de alí sabendo que os seus amigos vanlle dicir o importante que é socialmente?

Pero por outra parte está a gastronomía e a cociña como algo propio e máis duradeiro. O lacón con grelos vai ser algo que esté ahí sempre representando a gastronomía galega. En relación con iso último, podemos destacar o programa gastronómico "Larpeiros"; programa que axudou aos nosos avós, pais, a nós e incluso aos nosos netos nun futuro. Porque cociñar na casa e ensinar isto dunha xeración a outra tamén é un transpaso de cultura. É como ensinar a lingua galega, estamos ensinando o noso patrimonio culinario. E o mesmo que o facemos aquí, o farán en América, China ou África.

En relación co texto, quero discutir que a gastronomía foi perdendo o seu valor ancestral. Porque hoxe en día valórase máis a presentación dun prato a que estea ben cociñado. Porque co tempo deixamos de valorar as cousas e non se pode negar o que nos identifica, sexa comestible ou non.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt