GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0640

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/24

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

No texto de J. Luís Sucasas publicado en 2009 no portal dixital Vieiros preténdese remarcar a importancia na nosa sociedade das actividades da producción e do consumo, e a súa conexión tan forte.

Certo é que ambas as dúas actividades son importantes pero dende o meu punto de vista xa se superou a sociedade da producción e a día de hoxe vivimos nunha sociedade moito máis consumista. Como ben se explica no texto mediante un moi claro exemplo, ambos procesos están conectados moi estreitamente pero gustaríame centrarme na sociedade do século XVI por exemplo, na que existía unha agricultura de subsistencia na que se producía o que se necesitaba, e agora o noso fillo adolescente precisa dun "smartphone" novo cada seis meses e dunshas deportivas de desorbitado prezo cada dous. É por isto que destaco ese desenvolvemento que se produciu, por iso considero que estamos a falar de sociedade consumista. Por outra banda, como xa se dixo, ambos procesos están relacionados o que indica que si se desenvolve o consumismo, a productividade ten que ser maior para satisfacelo

En conclusión, parece clara a conexión existente entre as dúas actividades o que as fai a ambas igual de importantes e igual de necesarias para a nosa vida actual.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt