GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0642

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/26

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

As sociedades modernas, que tamén son coñecidas como sociedades do consumo caracterízanse, como ben indica o seu nome polo incesante consumo de produtos que leva a cabo a súa poboación. E a pregunta que a todos se nos ocorre é: realmente é preciso todo o que mercamos?

A resposta é ben sinxela: non. Os nenos, dende pequenos, entran en contacto cos medios de comunicación (para min os causantes deste consumismo sen control) e observan gran variedade de xoguetes que desexan posuír. Este feito fai que dende moi cativos queiramos ter todo o novo que sae á venda, sen importar o seu custo, o que leva a numerosos problemas. As familias fan demasiados esforzos por mercar todo aquilo que queren pero que, quizais, non sexa tan necesario. Este feito pode levar a múltiples problemas económicos.

Outro feito importante é que se os cidadáns non deixan de consumir as empresas teñen que aumentar o seu nivel de produtividade para satisfacer estas necesidades. Este aumento da produción implica que os traballadores aumenten a carga de traballo, levándoos a condicións que non sempre son as máis axeitadas.

En resumo, a sociedade moderna está altamente condicionada pola continua saída de novos produtos que incita ás persoas a mercar sen control, despreocupándose, ás veces, do que isto implica.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt