GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0651

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/35

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente vivimos nun sistema dominado polo consumismo do que todos formamos parte . mMoitas veces sen dármonos conta somos partícipes dunha economía que supón a compra contínua de obxectos materiais que na maioría dos casos nin sequera necesitamos. Non hai máis que abrir os ollos e mirar ao noso arredor para comprender que o número de establecementos que ofertan produtos aos consumidores son excesivos se os comparamos cos habitantes dunha poboación.

Así e todo, o problema non é que a sociedade precise estar rodeada de obxectos innecesarios, non. O verdadeiro problema reside en que para podérmonos permitir eses luxos existen milleiros de persoas que son exclavizadas, traballando día e noite por un soldo que non chega nin para cubrir as necesidades básicas como pode ser unha alimentación digna. Claro exemplo son as derradeiras noticias en medios informativos dos diversos casos de explotación, incluído a infantil, levados a cabo polo propietario de Inditex, Amancio Ortega.

Todos deberíamos comezar a concienciarnos moito máis sobre estas inxustizas e non deixar á boa de Deus a vida destas familias, que son as verdadeiramente afectadas. Basta xa de egoismos e de varrer para a casa! Comecemos a comportarnos como os humanos que somos, ás veces olvídasenos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt