GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0655

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/39

Comisión Delegada19
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É un feito que nos nosos días o consumismo e a producción son dous factores imprescindibles para o normal desenvolvemento da sociedade. Sen sermos conscientes, nacemos e desenvolvemos as nosas vidas baixo as consignas de consumir e producir.

Como ben mostra o texto, non pode existir a produción sen o consumeo. Dende pequenos ensínannos e fórmannos para desenvolver un papel na sociedade, para que o noso traballo sirva para o avance e mellora. É imprescindible que se realicen innovacións na tecnoloxía para crear máquinas máis eficientes e que produzan máis ganancia aos propietarios ou é necesario que a publicidade siga captando un gran número de persoas para continuar coas súas vendas. Toda esta eficacia na produción non ten outra finalidade que a de acadarmos un salario a fin de mes que nos permita non subsistir, senón tamén satisfacer os nosos desexos de consumo que non son poucos, pois os estímulos chégannos dende calquera parte e dende calquera lugar. É rara a situación na que un adolescente non ten o último modelo de telefono móbil ou un home aqueles zapatos que viu polo televisor.

Para finalizarmos, a relación entre produción e consumismo está e estará presente nos nosos días, pois é a una única forma que ten a sociedade de seguir co seu normal desenvolvemento. Mais é preciso a xusto xustiza para que uns non saian máis beneficiados que outros.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt