GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0672

ABAU/2016-2017/CD20/xuño/12

Comisión Delegada20
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente, a gastronomía vai collendo unha importancia maior da que tiña anteriormente, xa que as persoas aprecianna moito máis.

Dende hai uns anos, tanto o servicio gastronómico e a cociña tiveron un auxe importante, e apareceron maior cantidade de cociñeiros e os máis famosos aumentaron a popularidade. Isto foi grazas aos medios de comunicación, que con programas de cociña para expertos e para principiantes aumentaron a súa popularidade. Aparecen, por exemplo, algúns programas como Top Chef en Antena 3 ou Masterchef en Tele 5, e grazas a eles o sector gastronómico aumentou en importancia.

Por outra banda, o sector da industria e da agricultura van perdendo importancia respecto a este sector, xa que co aumento do turismo, chega máis xente afecionada a cociña ou para ir pasar as vacacións, o que fai que incrementen os bares, restaurantes etc.

Por outra banda, existen tanto persoas que pensan que soamente é unha moda e que pronto estará en auxe un sector diferente, e persoas que pensan que o mundo da gastronomía seguirá sendo dos máis importantes a nivel mundial.

Na miña opinión, a gastronomía e a cociña son sectores moi pouco valorados e que atraen gran cantidade de diñeiro aos países. A gastronomía enon é unha moda pasaxeira, xa que leva uns anos de grandes logros e importancia. Polo tanto, podemos concluír que estes ambolosdous sectores teñen moita importancia, tanto agora coma no futuro.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt