GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0676

ABAU/2016-2017/CD20/xuño/16

Comisión Delegada20
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Encontrámonos ante un texto argumentativo no cal Fran Alonso nos mostra, cunha visión e un linguaxe crítico e repleto de dobres sentidos un fenómeno bastante común na nosa sociedade: a gastronomía.

É bastante considerable o aumento de bares e restaurantes nestes últimos anos, eu que vivo nunha pequena cidade podo ver como case hai un restaurante para cada persoa: que se vexetarianos, veganos, temáticos de folk, rock, ou incluso de comida rápida.

Esta epidemia gastronómica, ademáis de gusto por comer característico non dos galegos, senón de todos os españois, débese o popularidade que adquiriu a comida nos últimos anos.

Quizáis é un fenómeno que dure pouco, mais considero que algo tan básico como é comer, que o fan dende as bestas ate os príncipes, nunca pasará de moda. Sempre se reinventa. E, se ben é un traballo bastante escravo e de difícil recoñecemento ( chega moi alto poucos) sempre será un traballo a nosa disposición, polo que ten mérito.

Porén, é certo que no futuro quizás non nos guste a "decostrución" de tortilla de pataca e preferiríamos unha boa fabada completiña, pero para iso están os cociñeiros, para reinventarse, seguir creando e seguir modificando os nosos gustos e adaptándose as nosas preferencias; pero vamos, como todo: a moda, a música..

En resumidas contas, o comer nunca pasa de moda, polo que a gastronomía e o seu "boom" serán duradeiros, sempre que sepan adaptarse.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt