GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0680

ABAU/2016-2017/CD20/xuño/20

Comisión Delegada20
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É certo que nos últimos tempos popularizouse moito a cociña, non en Galicia ou España, senón en todo o mundo. Isto probablemente débase á maior prosperidade económica dos últimos tempos. Agora a xente pode permitirse gastar máis diñeiro que antes , e unha das formas de facelo é disfrutar dunha comida moi superior á que poderían disfrutar preparándoa eles mesmos.

Isto provocou que moita xente ansíe ir a restaurantes luxosos, ou mesmo ir visitar outros países para disfrutar da súa gastronomía. Ademáais, apareceron profesionais, os críticos gastro isto levou aparellada unha auxe da labor dos críticos gastronómicos, os encargados de dicirlle á xente cales son os locales que sirven os mellores pratos e cales son as comidas máis apetecibles.

Se ben este interés xeralizado pola cociña é máis ou menos recente, non tería por que tratarse dunha moda pasaxeira. A cociña é tamén, en certo modo, unha expresión cultural propia dun pobo. Distintas rexións ou países teñen distinta gastronomía e, mentres exista xente interesada en coñecer as súas culturas, o interese pola súa comida estará presente. Ademais, o disfrute pola comida sempre foi unha das grandes paixóns das persoas, mais, pola súa situación económica adversa non podían, en moitos casos, disfrutala.

Por En conclusión, considero que este interese pola cociña apareceu recentemente debido unicamente a que son as condicións económicas actuais as que o permiten, xa que o disfrute da boa comida é algo propiamente humano e, por tanto, non creo que sexa unha moda pasaxeira destiñada a desaparecer en pouco tempo.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt