GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0685

ABAU/2016-2017/CD20/xuño/25

Comisión Delegada20
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Moita xente coñece o enorme aumento da popularidade da gastronomía nos últimos anos, aínda que cando un comeza a pensalo é cando se decata do nivel de desenvolvemento .

A principal causa deste cambio e, probablemente, a crecente globalización do mundo contemporáneo. Moitos países tiveron a oportunidade de amosar ao resto do mundo as súas capacidades, sendo algunhas delas recetas culinarias. Un claro exemplo é o sushi, ou a comida xaponesa en xeral. O seu país de orixe, Xapón, mantivo ata o século XX unha actitude de relativo aislamento con respecto a outras nacións. Agora, o sushei e outros elementos da súa gastronomía son mundialmente coñecidos e cotizados, o que ao mellor non tería sido así de non ser pola adhesión da nacion ao mundo internacional moderno.

Outra das grandes causas son os medios de comunicación. Nos últimos anos os programas gastronómicos en televisión teñen alcanzado unha enorme repercusión, ata o punto de que poucas persoas hai no en España que non teñan escoitado nunca algo acerca do famoso programa Master Chef, e coa chegada de Internet calqueira pode preparar unha comida tradicional do outro extremo do mundo, o que axuda en gran medida á difusión das recetas.

Aínda que hai xente que afirma que a gastronomía exótica é pouco máis que unha moda pasaxeira, penso sinceiramente que é todo o contrario. Como di a frase popular: "para gustos, cores" e na gastronomía é exactamente iso; diversidade. As combinacions de ingredientes para preparar un determinado prato, sen incluir o modo de preparado, son infinitas, polo que é de esperar que a xente experimente e probe diversos pratos ata atopar a súa "receta ideal".


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt