GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0713

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/04

Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A gastronomía e a cociña, actualmente, son artes que acadaron a popularidade entre a xente. Este fenómeno foi ascendendo gradualmente dende a pura cociña que alimenta a calquera familia tres veces ao día.

A aparición da "cociña moderna" provocou que o interese da xente, explotando a súa creatividade (se a practican) e a súa audiencia (se a simplemente a seguen). A renovación da cociña para dar lugar a unha búsqueda de estética e sensación en algo que fai cincuenta anos era un ben prezado comezou fai unhas décadas. A abundancia levou a aqueles primeiros cociñeiros modernos a crear algo atractivo e diferente, e funcionou de cheo.

A progresión na cociña moderna derivou na súa comercialización, creando escolas de cociña moderna e incluso de programas de televisión moi seguidos por un público xeral, que se interesa nestas novas concepcións. Esta "moda culinaria" ven para quedarse: cada vez hai máis restaurantes que non se limitan a "dar de comer á xente", que buscan este novo tipo de cociña. Ademais, co apoio dos medios e co actual modo de difusión das tendencias, á cociña aínda lle queda moito por explotar. A nova cociña e o interese pola gastronomía é unha tendencia renovadora e sana, que ademais interesa ó público en xeral, así que non ten ningún motivo polo que deixar de medrar.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt