GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0714

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/05

Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na actualidade a cociña acadou unha gran popularidade e nela introducíronse numerosas novidades. A tecnoloxía foi un dos factores que axudaron ao desenvolvemento da cociña e a gastronomía. A aparición de novos electrodomésticos e utensilios de cociña permiten crear cousas coa comida que antes eran inimaxinables.

Tamén é certo que as redes sociais tiveron moito que ver coa crecente popularidade das cociña nos últimos tempos. A xente famosa dedícase a publicar fotos das súas comidas na rede e as persoas queren copiar estas comidas por distintos motivos, algunhas veces por moda e outras por admiración á persoa famosa. A sociedade actual guíase polas modas incluso para comer, en canto aparece unha nova comida todos queren probala e subir fotos ás redes sociais para demostrar que eles tamén están á moda.

Ao final do día as comidas que máis se disfrutan son as de casa, as que fan aos pais ou avós, porque a pesar de que probar cousas novas e ampliar os horizontes gastronómicos é unha boa idea, séguese a preferir o que fai sentir coma na casa.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt