GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0717

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/08

Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A sociedade avanza cos anos, e xunto a ela as formas de vivir, os gustos e as inquietudes. Ademáis, a tecnoloxía avanza ao mesmo ritmo ca nós, o que nos permite incorporala a esas actividades que realizamos.

Nos últimos anos, unha das actividades que máis avanzou foi a gastronomía. Xurdiron novos cociñeiros con ambicións por mellorar, modernizar e diferenciar as súas creacións culinarias das dos demáis e loitar por ser as mellores.

Unha das causas deste fenómeno foi o aborrecemento da comida clásica, a de toda a vida feita pola nai ou avoa, esa que tan boa fama ten pero que, ao fin e ao cabo, sempre é a mesma. Buscáronse novos camiños polos que darlle pracer ao padal, e o pensamento xunto coa tecnoloxía e as tendencias do momento acadaron esta "nova cociña".

Hoxe en día empréganse aparellos de verdadeira tecnoloxía punta xunto con gases como o hidróxeno para acadar esa perfección e mistura de sabores que busca cada cociñeiro nos seus pratos.

Como todo feito ligado a unha tendencia, como pode ser o minimalismo culinario, terá fecha de caducidade, pero a boa cociña e o comer nunca pasará de moda e sempre haberá persoas inquedas por innovar e chegar con excelencia ós bos restaurantes.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt