GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0738

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/29

Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O noso modelo de vida actual, o modelo capitalista, ten a súa base no binomio produción-consumo. A nosa vida diaria, dende que nacemos atópase dirixida ao consumo, tardando máis en entrar no mundo da produción.

Semella que todos nos atopamos beneficiados neste modelo de apariencia autosostenible: producindo no noso posto de traballo obtemos cartos que gastaremos consumindo os bens que queiramos. O problema chega cando ambas partes do binomio son alteradas:

Na maioría dos postos de traballo, os traballadores son explotados, traballando un número amplísimo de horas a cambio dun salario escaso pero... ¿A beneficio de quen? Son as grandes compañías, os xefes, os que resultan beneficiados. Isto explica tamén a tendencia actual de producir nos países tercermundistas. A única explicación é que o beneficio dos xefes é maior.

En canto ao consumo, tampouco somos tan libres coma nos cremos. Se ben a publicidade existe dende hai centos de anos, as novas técnicas de marketing permiten levar a cabo un control sobre os nosos gustos e preferencias senque sen que nos decatemos. Dende o que escribamos no noso muro de Facebook ata o que miramos en Youtube está controlado. p Esa información é vendida a diversas empresas que usarán a usarán na fabricación de novos produtos. Centrándonos na publicidade, o seu avance chega ata o control psicolóxico do consumidor, chegando éste a mercar algo que realmente non desexa.

Se ben, como xa dixen, se trata dunha versión deformado do que noutro tempo foi, o modelo produción-consumo é d d a base da nosa vida diaria, dende que saímos da cama ata que nos volvemos meter nela.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt