GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0740

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/31

Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

As nosas vidas baséanse no consumismo. Cada faceta dao noso día a día está relacionada coa consumición e a produción, dende a túa marca favorita de camisetas ata o café que te tomas polas mañás. Na nosa sociedade capitalista comprar e vender é un imprescindible e todos o facemos, queiramos ou non. O problema é que, a maior parte das veces, para que uns enriquézanse outros empobrécense. Todos queremos cousas boas, bonitas e baratas, sen importarnos o que conleva. Hipócritamente, moita xente reivindica a loita por certos aspectos da vida, como vemos reflexados no texto, e logo actúan contrariamente por aforrar cartos. É importante tomar conciencia, investigar os produtos e marcas que consumes, observar que hai detrás deles, e actuar consecuentemente. A día de hoxe son cada vez máis as marcas que podes encontrar no mercado que che ofrecen produtos que se conseguiron sen explotación ou sofremento, dunha maneira xusta para todos. Pero, por suposto, istos produtos non son quen de loitar contra as grandes marcas que ofertan produtos tirados de prezo. Ademais, a xente tampouco interésalle moralmente, e prefiren elexir marcas baratas antes que gastar máis cartos.

Este tipo de comercio está a matar a os pequenos comercios, que ven imposible a competencia contra grandes empresas, e á produción xusta.

A solución ao problema considero que se atopa no goberno. É necesario e imprescindible que as nosas institucións políticas axuden aos pequenos comerciantes e as marcas xustas. Ademais, é necesario que lexislen a actividade das grandes empresas, para evitar explotacións entre outros .

En definitiva, o consumo e a produción nos nosos tempos baséase noun constante consumo pretendendo sempre encontrar produtos máis baratos e nunha produción de masas disposta a cumplilo sen importar os medios, e isto debería ser un punto clave e unha prioridade para o noso goberno, para desmantelalo e conseguir un consumo e produción xustos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt