GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0747

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/38

Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Nos nosos días, é sabido por todos que vivimos nunha sociedade capitalista, onde como o seu propio nome indica, as vidas das persoas baséanse principalmente na acumulación de capital, xa sexa para ter unhas condicións de vida boas como para asegurarse un futuro digno.

Así, as persoas pasan gran parte da súa vida traballando para lograr un certo grao de suficiencia económica. E vense obrigadas a iso se non queren vivir na pobreza. Por outro lado, na nosa sociedade tamén é moi importante o consumo. Os anuncios e a lei da oferta e da demanda están sempre á orde do día. Moitas veces, influídos pola sociedade consumista e polos anuncios que atopamos en calquer lugar (televisión, radio, prensa, incluso nas propias rúas) soemos mercar cousas máis caras porque as coñecemos ou ben mercar cos cousas que realmente non nos son necesarias. É evidente, polo tanto, que vivir rodeados de publicidade afecta ao noso modelo de vida actual.

A acumulación de capital e o consumismo son a base da economía actual, e polo tanto, de certo modo, tambén tamén inflúe no modelo de vida das persoas, enfocadas cara unha prosperidade económica autónoma, en lugar de pensar na prosperidade económica de todos: cada un traballa para si mesmo. Por iso, o consumo e a produción afectan as nosas vidas diarias en que fan á sociedade máis individualista, e coa publicidade asociada ao consumismo, máis manipulable.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt