Pablo García Martínez é investigador posdoutoral Margarita Salas no Instituto da Lingua Galega e na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Antes, completou o seu doutoramento (Ph.D.) na City University of New York (CUNY, 2018), así como un posdoutoramento Humboldt, con residencia no Institut für Romanistik da Friedrich-Alexander (FAU, 2020-2021). Realiza a súa investigación a través dun enfoque sociohistórico para a análise dos procesos culturais que aplica, sobre todo, ao estudo dos exilios provocados pola Guerra Civil española, así como ao das literaturas e culturas ibéricas do século XX, con crecente concentración no eido dos estudos galegos.
Dolores Vilavedra é Catédratica de Filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase fundamentalmente nos procesos discursivos por medio dos cales se articula a narrativa galega contemporánea e ten adicado a este tema numerosas publicacións, entre as que destacan a Historia da literatura galega (1999), A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica (2010), ou a coordinación do Diccionario da liteartura galega (1995-2004). Máis alá da súa tarefa como crítica e divulgadora literaria, coordinou a Sección de Lingua, Literatua e Comunicación do Consello da Cultura Galega, institución na que exerceu a secretaría da Comisión Executiva entre 2019 e 2022.
Laura Lesta García é Assistant Professor no departamento de Luso-Hispanic Studies en Middlebury College (Vermont, EEUU). Os seus intereses de investigación céntranse no estudo do humor e da súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia. A profesora Lesta García publicou en revistas como Bulletin of Hispanic Studies e Romance Notes, e está co-editando xunto con Daniel Amarelo o libro Beyond Sentidiño: New Diasporic Reflections on Galician Culture (Routledge, xullo 2024). Na actualidade está a traballar na súa primeira monografía cuxo título provisional é “Tes moita retranca: Humor, History, and Identity in Galicia”.
https://www.middlebury.edu/college/people/laura-lesta-garcia
Rocío Hernández Arias (Ponferrada, 1985) é investigadora posdoutoral Margarita Salas da Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación son o anarquismo literario, onde se especializa nos escritos utópicos libertarios; a historia da edición; e as Humanidades Dixitais. Desenvolve o proxecto "Edición Feminina e Feminista na Galiza postfranquista" dentro do ILG. Del é parte "A outra cara da edición feminana la Galiza do século XXI: ilustradoras, maquetadoras e tradutoras en Pontevedra", financiado pola Deputación de Pontevedra e pola UVIGO na Cátedra Feminismos 4.0 é "Ademáis, recibiu financiación para realiza-la edición dixital académica de O anarquista (1924), de Leandro Pita polo proxecto europeo CLS INFRA no verán de 2024.
Xaquín Núñez Sabarís é profesor associado com agregação no Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho. Co-dirixe a revista 2i. Estudos de Identidade e Intermedialidade, publicación con frecuencia de dous números anuais e indexada en bases de datos internacionais de referencia. A súa actividade investigadora ten como focos principais o estudo do modernismo, as relacións culturais e literarias ibéricas, con traballos sobre o intercambio teatral entre Galicia e Portugal, as narrativas intermediais e novas narrativas (minificción, fantástico e policial) e as humanidades espaciais. En 2019 obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio co estudo Cartografías da narrativa galega contemporánea (2020).