Cultura impresa e pensamento nacional galego

Periodo temporal:

1918 - Actualidade

Os movementos nacionalistas, xurdidos no medio dunha reacción romántica contra os repartos de tarefas e riquezas nas sociedades modernas dende finais do século XVIII, tiveron unha ferramenta central para o seu espallamento nas follas impresas de libros, xornais, revistas ou diversos materiais efémeros. O caso galego non foi unha excepción, e as ideas protonacionais que circulaban polo campo literario do XIX, foron artelladas nun discurso nacionalista dende as primeiras décadas do século XX. Aqueles intelectuais nacionalistas son hoxe recordados co nome dunha das publicacións que —xunto co’A Nosa Terra— máis axudou a artellar o movemento: a revista Nós e, posteriormente, a editorial do mesmo nome comunicaron coas súas follas impresas nacionalistas espalladxs polos diferentes recunchos do país, así como por aqueles lugares aos que xs levou a longa emigración galega.

O mesmo aconteceu durante a ditadura franquista, nun primeiro momento dende as trincheiras do exilio americano, onde se imprimían revistas e libros que cruzaban o Atlántico en maletas amigas e circulaban de man en man por Galiza. Foi esa unha dinámica que continuou coa recuperación dos partidos nacionalistas durante as últimas décadas da ditadura e intensificada despois do fin da mesma. Os materiais artellados dentro deste proxecto de investigación son ferramentas para reconstruír aquelas conversas posibilitadas, non en menor medida, por follas impresas que superaban a distancia física para comunicar, neste caso, axs que adicaban a súa enerxía a teorizar e defender a nación galega.


Publicacións:

García Martínez, Pablo (2023): "Lengua y texto literario en la construcción de una cultura nacional-popular: Eduardo Blanco-Amor, de Galicia Emigrante a A Esmorga", en Bulletin of Spanish Studies. Dispoñible para descarga

García Martínez, Pablo (2023): "Francisco Fernández del Riego e a xente de Galicia Emigrante", en Boletín da Real Academia Galega (en prensa).

García Martínez, Pablo (2021): Cultura impresa y humanismo antifascista en el exilio de Luís Seoane (1936-1959). Madrid: CSIC.

García Martínez, Pablo (2020): "Modernos e belixerantes: entretemento e pedagoxía no folletín literario de Galicia Emigrante", en Madrygal: revista de estudos galegos, Nº Extra 23, 203-215. Dispoñible para descarga.

García Martínez, Pablo (2017): "Literatura heterónoma a la salida del franquismo: el caso del primer nacionalismo marxista gallego", en Journal of Spanish Cultural Studies, 18.2, 153-167.

Publicacións de interese:

Faye Hammill e Mark Hussey (2016): Modernism’s Print Cultures (Londres: Bloomsbury).

Ann Ardis e Patrick Collier, (eds.) (2008): Transatlantic Print Culture, 1880–1940 (Londres: Palgrave Macmillan).

Documentos deste proxecto

Membros do proxecto

  • Pablo García Martínez (Inv. Responsable)

Utilizamos cookies propias e de terceiros para analizar a navegación no nosa web. Máis información na POLÍTICA DE COOKIES

Aceptar