News
-
Contrato de investigación para o ILG
12/30/22Atópase aberta a convocatoria dunha praza de investigador(a) colaborador(a) para o ILG, de carácter indefinido e a tempo completo, para a recolleita, análise e tratamento de datos lingüísticos. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de decembro ás 23:59 h. -
Artigo de Rosario Álvarez en "Espais de frontera a la península ibèrica"
12/26/22A investigadora do ILG Rosario Álvarez publica un artigo sobre o proxecto de dialectoloxía cidadá DOA en "Espais de frontera a la península ibèrica", sección monográfica do número 22 de eHumanista IVITRA.
-
Vídeo do Simposio ILG 2022
12/23/22O vídeo da clausura do Simposio ILG 2022 e da presentación do libro en homenaxe a Harvey L. Sharrer xa se pode ver na canle de Youtube do ILG.
-
M.ª Dolores Sánchez Palomino, académica numeraria da RAG
12/18/22A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade da Coruña e colaboradora do ILG María Dolores Sánchez Palomino ingresou este sábado na Real Academia Galega (RAG) como membro de número co discurso Ten sentido unha lexicografía académica bilingüe? [De lexicografía e Academias].
-
Artigo de Eva M.ª Domínguez Noya e Vítor Míguez en ELG
12/18/22Eva María Domínguez Noya e Vítor Míguez son os autores do artigo "Unha mellora do CORGA extrapolable a outros corpus e linguas: a etiquetaxe da nomenclatura científica binomial", publicado no último número de Estudos de Lingüística Galega.
-
Conferencia de Craig Willis no ILG
12/12/22Craig Willis, investigador do European Centre for Minority Issues (ECMI) en Flensburg, ofrecerá unha conferencia sobre linguas minorizadas e televisión o luns 12 de decembro, ás 12:30 h, no ILG.
-
Presentación dun libro de homenaxe a Harvey L. Sharrer
12/02/22O venres 2 de decembro, ás 19:30 h, vaise presentar na Facultade de Filoloxía o libro «Tenh’eu que mi fez el i mui gram bem». Estudos sobre cultura escrita medieval dedicados a Harvey L. Sharrer, editado polo colaborador do ILG Ricardo Pichel.
-
Novo número da revista Caracol sobre contacto de linguas, minorías e políticas lingüísticas
11/30/22Henrique Monteagudo é o editor, xunto ao profesor Xoán Carlos Lagares, do número 24 da revista Caracol sobre Contacto de lenguas, minorías y políticas lingüísticas en el ambito hispánico.
-
Xornada divulgativa "Matemáticas e lingua"
11/30/22Xulio Sousa, Alba Aguete Cajiao e Vítor Míguez participan o día 30 na xornada divulgativa Matemáticas e Lingua na Facultade de Matemáticas.
-
Presentación da edición de "De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos", de Martín Sarmiento
11/28/22O luns 28 de novembro, ás 19 h, presentarase no marco do simposio sobre Martín Sarmiento, organizado polo Consello da Cultura Galega, a edición de De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos, realizada no ILG por un equipo coordinado polo investigador Henrique Monteagudo.