Conferencia de Henri Chaffot

Data: 
Lunes, Junio 17, 2019 - 13:00
Imaxe: 

O  luns dia 17 ás 13:00, Henri Chaffot, estudante en prácticas no Instituto da Lingua Galega procedente da Université Rennes 2, ofreceu unha charla na Sala de Conferencias do ILG, titulada "Sobre las representaciones y actitudes lingüísticas  del alumnado de secundaria en Galicia y Bretaña".

O obxectivo desta charla foi presentar unha análise das representacións e actitudes lingüísticas das mozas e dos mozos de Galicia e da Bretaña derivada dos estudos realizados no marco do proceso de elaboracion dun Traballo de Fin de Mestrado. Neste, tras levar a cabo unha investigación teórica sobre a historia da minorización do galego e do bretón, tras presentar algúns aspectos sociolingüísticos destas dúas linguas e ofrecer as liñas xerais dalgúns traballos publicados sobre o tema, realizarase unha comparación entre as actitudes e as representacións lingüísticas da mocidade bretona e galega extraidas a partir de enquisas e entrevistas. Na charla, exporase o traballo feito ata o de agora, incluíndo as primeiras análises das entrevistas e enquisas realizadas en Galicia.