Convenio de colaboración entre a Xunta e o ILG
O Consello da Xunta do 11 de maio de 2017 aprobou un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2017 e 2018 un programa de actuacións en materia de investigación lingüística, a través do Instituto da Lingua Galega.
Os proxectos de investigación que se desenvolverán son:
A) Cambio Lingüístico e Contacto de Lingua na Xuventude.
B) Corpus para a Análise de Dificultades na Produción Escrita en Lingua Galega
C) Léxico Patrimonial (Galicia-Portugal-Brasil)
D) Corpus Informatizado Galego-Portugués Antigo
E) Inventario Toponímico Galego-Portugués
F) Atlas Lingüístico Galego
G) Arquivo do Galego Oral
H) Coleccións Documentais Medievais