Os dous primeiros volumes do Atlas Linguístico do Brasil (ALiB) foron presentados en Londrina no III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística (III CIDS).
Novedades
-
Presentación do Atlas Linguístico do Brasil
16/10/14 -
III Congresso Internacional de Dialetologia e Sociolinguística
02/10/14Entre o 7 e o 10 de outubro celebrouse na Universidade de Londrina o III Congresso Internacional de Dialectologia e Sociolinguística (III CIDS).
-
Conferencia sobre actitudes lingüísticas
01/10/14O xoves 2 de outubro ás 13:00 h, Iva Řihošková, investigadora visitante da Universidade Palacký en Olomouc (República Checa), realizou unha presentación sobre "Actitudes lingüísticas dos estudantes galegos en Ferrol, Lugo e Pontevedra".
-
Conferencia sobre problemas de tradución
18/09/14O venres 26 de setembro ás 13:00 h, a catedrática Elena Zernova impartiu un seminario sobre "Problemas da tradución de textos literarios do galego ao ruso".
-
Xornadas Internacionais UCM-UNED
17/09/14Entre o 18 e o 20 de setembro celebráronse en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 "Literatura galega: identidade, alteridade e exilio".
-
Conferencia sobre estratexias de recuperación da lingua en Bos Aires
09/09/14O venres 12 de setembro ás 13:00 h no seminario A do ILG, o investigador Facundo Reyna Muniain presentou o seu proxecto de investigación sobre "Estratexias de revitalización e recuperación da lingua na diáspora de Bos Aires no século XXI".
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
09/09/14Convocatoria pública 10/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
-
Methods in Dialectology XV
11/08/14Entre o 11 e o 15 de agosto celebrouse en Groningen o congreso Methods in Dialectology XV: The Future of Dialects.
-
O ILG publica o sexto número da súa revista
03/08/14O ILG presenta un novo número da súa revista Estudos de lingüística galega. A publicación, que se edita desde 2009, inclúe neste sexto número artigos científicos de investigadores das tres universidades galegas e doutras institucións académicas de Galicia, Portugal e Brasil.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
16/07/14Convocatoria pública 7/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).