Novedades

  • XXIX Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüística

    23/10/13

    Entre o 23 e o 25 de outubro celebrarase na Universidade de Coimbra o XXIX Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Lingüística.

  • Nova versión do Dicionario de pronuncia

    23/10/13

    O día 23 de outubro terá lugar a presentación da nova versión do Dicionario de pronuncia da lingua galega ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome.

  • XXVIII Congreso da Asociación de jóvenes lingüistas

    16/10/13

    Entre o 16 e o 18 de outubro de 2013 celebrarase en Pamplona o XXVIII Congreso da Asociación de jóvenes lingüistas.

  • I Simposio Internacional Relex

    15/10/13

    Entre o 15 e o 17 de outubro celébrase o I Simposio Internacional Relex "Lexicografía románica: Estado da cuestión"

  • Ao sabor do texto

    29/09/13

    O Instituto da Lingua Galega acaba de publicar Ao sabor do texto, unha homenaxe ó profesor Ivo Castro, da Universidade de Lisboa. O volume, editado por Rosario Álvarez, Ana Maria Martins, Henrique Monteagudo e Maria Ana Ramos, contén arredor de trinta artigos de importantes investigadores das filoloxías galega e portuguesa.

  • Languages of Spain in the Second Republic

    27/09/13

    O profesor Henrique Monteagudo contribúe con dous traballos nun volume sobre a historia da política lingüística española editado polo profesor José del Valle (CUNY): A Political History of Spanish. The Making of a Language (Cambrdige University press).

  • Presentación de Dia Tech

    27/09/13

    O investigador da Universidade do País Vasco Gotzon Aurrekoetxea visita nesta semana o Instituto da Lingua Galega para presentar unha ferramenta de análise de datos lingüístico desenvolvida polo grupo de investigación que el coordina. DiaTech é unha aplicación web que permite realizar análise cuantitativas de datos xeolingüísticos e que ofrece un fácil visualización dos resultados.

  • O galego no ALPI

    27/09/13

    Investigadores do Instituto da Lingua Galega da USC publican no último número especial da revista Dialectología catro achegas respecto do tema central deste volume monográfico correspondente ao ano 2012 que se dedica ao Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI).

  • Un banco de palabras

    27/09/13

    O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección de Antón Santamarina.

  • Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia

    30/07/13

    Resolución das axudas para a recollida de microtoponimia destinadas a alumnado do curso de verán Toponimia: interpretación e actuación con diploma de asistencia

Páginas