Seminario sobre o libro "O idioma galego baixo o franquismo", de Henrique Monteagudo
Data inicio:
venres, Marzo 25, 2022 - 12:30
Poster:
Descrición:
O Instituto da Lingua Galega organiza o seminario Violencia simbólica e represión sobre o libro O idioma galego baixo o franquismo, de Henrique Monteagudo, que terá lugar o vindeiro venres 25 de marzo, ás 12:30 horas, no salón de graos da Facultade de Filoloxía.
Contará coa participación de Ramón Villares (USC) e Pere Comellas Casanova (UB), así como dos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Antón Santamarina e Álex Alonso Nogueira, coordinador do seminario.