"Visita e café" con Angelo de Souza Sampaio

Data inicio: 
xoves, Setembro 28, 2023 - 11:00
Poster: 
Descrición: 

O xoves 28 Angelo de Souza Sampaio, da Universidade Federal da Bahia (UFBA), conversará na terceira sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante o seu ano no ILG. O obxectivo da súa estadía é ampliar os seus coñecementos en fraseodidáctica xunto ao grupo de investigación Fraseonet, dirixido pola profesora María Isabel González-Rey. O seu vínculo co ILG é debido ao acordo bilateral existente entre a UFBA e a USC (CELGA/ILG).