"Visita e café" con Juan Manuel Fustes Nario

Data inicio: 
luns, Outubro 23, 2023 - 11:00
Poster: 
Descrición: 

O luns 23 Juan Manuel Fustes Nario, da Universidade da República (Montevideo), conversará na cuarta sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante a súa estadía no ILG. Farias dedicouse durante máis dunha década ao ensino da lingua italiana no nivel secundario e desde o ano 2006 integrou grupos e liñas de investigación relacionadas co ensino e a aprendizaxe de linguas. Nesa área, colaborou especialmente co estudo da realidade lingüística do Uruguai lusofalante e coa historia e as concepcións teóricas que rexeron o ensino da lingua italiana no mesmo país. Desde o ano 2007 publicou diversos artigos nos campos das políticas lingüísticas, da historia das ideas lingüísticas e das dimensións teóricas do ensino de linguas.