Actividades

Histórico de actividades

  • 25/02/19

    A profesora Márluce Coan (UFC / CNPq) impartirá un seminario sobre sociolingüística cuantitativa no que se explicará o funcionamento do programa Goldvarb.

  • 12/02/19

    O obxectivo deste curso é ofrecer unha introdución ao sistema de composición de textos LaTeX. Sería de especial interese para persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento e/ou que traballen no ámbito da lingüística, mais pode servir de introdución para calquera persoa que non coñeza LaTeX.

  • 30/01/19

    O profesor Héctor Muñoz Cruz analizará a importancia, a natureza e a estrutura lóxico-discursiva de razoamentos, actitudes e algunhas outras formas de cognición social sobre a diversidade lingüística e a comunicación intercultural expresadas en actividades reflexivas de falantes e de institucións.

  • 12/11/18

    Neste simposio pretendemos mostrar posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que nos son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular.

  • 25/01/18

    Como nas edicións anteriores do Coloquio Lingüística Histórica, nesta 5ª edición propóñense camiños de exploración interdisciplinar, nesta ocasión compartidos coa toponomástica.

Páxinas