ELG en Dialnet Métricas

Data: 
xoves, Novembro 2, 2023 - 12:45
Imaxe: 

Na última actualización do Índice Dialnet de Revistas (2022) a revista do ILG Estudos de Lingüística Galega figura no cuartil 1 no ámbito Filoloxías e no cuartil 2 en Lingüística. Dialnet Métricas é un sistema de información bibliométrica que inclúe diversos indicadores recoñecidos pola súa solidez e transparencia.

Esta revista de publicación continua editada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela consta no Portal de Revistas Universitarias Españolas, unha iniciativa da Unión de Editoriales Universitarias Españolas que dá acceso ás 981 publicacións rexistradas, 212 delas do ámbito da Filoloxía e a Lingüística.