Estudos baseados no corpus CORTEGAL nun novo anexo de Verba

Data: 
xoves, Decembro 28, 2023 - 16:45
Imaxe: 

María Álvarez de la Granja e Vítor Míguez encárganse da edición do Anexo 84 deVerba, publicación da Universidade de Santiago de Compostela, titulado Perspectivas sobre a escrita académica en galego: estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes. Esta obra colectivaenmarcada na lingüística de corpus, ofrece un conxunto de estudos que, dende múltiples perspectivas, analizan a produción escrita en lingua galega do estudantado de Galicia ao final da educación secundaria a través da análise dos textos de CORTEGAL, un corpus elaborado no Instituto da Lingua Galega da USC conformado por textos extraídos dos exames de Lingua e Literatura galegas da proba de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade.

Neste volume pódense encontrar os traballos, ademais dos dos propios editores, dos membros do ILG Francisco Cidrás, Xosé Antonio Fernández Salgado e Reyes Rodríguez Rodríguez, así como de María López-Sández, Lara Lorenzo-Herrera e Carme Silva-Domínguez.