Inauguración do Simposio ILG 2017

Data: 
luns, Novembro 20, 2017 - 16:00
Imaxe: 

O luns 20 de novembro ás 16:00 h, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, terá lugar a inauguración do Simposio ILG 2017: Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna. Na inauguración do simposio estarán presentes o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso, e o director do Instituto da Lingua Galega, Ernesto González Seoane.

Logo da sesión inaugural haberá dúas conferencias, impartidas polos profesores Henrique Monteagudo (ILG-USC), Pegerto Saavedra (USC), Ramón Mariño (ILG-USC) e José Luis Rodríguez Gómez (Real Biblioteca).

O simposio continuará o martes 21 e o mércores 22 de novembro.