Membros do ILG participan no programa "A Ponte" da USC

Data: 
luns, Xaneiro 15, 2024 - 14:15
Imaxe: 

Membros do ILG volven participar nunha nova edición do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial. As conversas temáticas están dirixidas preferentemente ao alumnado de 1.º e 2.º de bacharelato e de ciclos formativos superiores.

En concreto, este programa levará a distintos centros de ensino medio a Francisco Dubert García coa charla "Que é a gramática?" e a Xulio Sousa, con "Os mitos da lingua". O IES Taboada Chivite (Verín), o IES Val do Asma (Chantada) e o IES de Ponte Caldelas xa puideron gozar dalgunha destas charlas dos investigadores do noso centro.