A mostra Galicia Máxica, en Ribadavia

Data: 
martes, Marzo 29, 2016 - 18:00
Imaxe: 

A exposición "Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas 1965-1968” pódese visitar actualmente en Ribadavia, no Local Social da Madalena.

A exposición, organizada polo Museo do Pobo Galego, realízase coa colaboración do Instituto da Lingua Galega, a través do proxecto Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen, dirixido polo investigador Xulio Sousa. A montaxe en Ribadavia foi realizada polo Museo Etnolóxico de Ribadavia. A mostra pode visitarse ata o domingo 17 de abril.