O ILG e o Consello da Cultura Galega presentaron a publicación Lingua e territorio

Data: 
xoves, Xuño 17, 2010 - 17:30

O Instituto de Lingua Galega (ILG) da USC e o Consello de Cultura Galega presentaron este mércores, día 14, a publicación Lingua e territorio, dedicada ao fundador e ex director do Instituto, o profesor da USC Constantino García González. No acto interviñeron a directora do ILG, Rosario Álvarez; o secretario executivo do Consello, Enrique Monteagudo; e un dos editores do volume, o docente da USC Xulio Sousa. Á presentación tamén asistiron tres membros do instituto universitario e da Real Academia Galega, Antón Santamarina, Manuel González e Francisco Fernández.A publicación, da que tamén son responsables os profesores da universidade compostelá Francisco Dubert e Rosario Álvarez, profunda na distribución territorial das variedades xeolingüísticas do galego. O tema abórdase de xeito interdisciplinario xa que, segundo indicou Xulio Sousa, resulta fundamental para obter unha visión completa dun fenómeno complexo.