A profesora Rosario Álvarez en Niterói (Brasil)
Data:
luns, Abril 21, 2014 - 15:15
Rosario Álvarez foi convidada pola Universidade Federal Fluminense (UFF), de Niterói, a participar no curso sobre variación lingüística e comparación entre galego e portugués, que se celebrará entre os días 22 e 24 de abril. A profesora pronunciará unha conferencia titulada: "Galego e portugués: unha orixe, dúas linguas".
Ademais, a profesora participará en varias actividades de investigación co Grupo de Pesquisa Galego e Português Brasileiro (ILG-USP-UFF).