Fitofaladoiro

Investigadora principal: 
Membros do equipo: 
Javier Amigo
David García San León
Descrición: 

O Fitofaladoiro é un proxecto multidisciplinar desenvolvido polo Herbario SANT (na Facultade de Farmacia da USC) e o ILG. Os seus fins son varios:

  1. Recoller nomes e usos tradicionais de plantas ventureiras de Galicia. Tamén resultan de interese outros aspectos culturais relacionados coas plantas, coma a existencia de lendas, contos, refráns, crenzas, xogos, etc.
  2. Aprender a crear un herbario.
  3. Recoller elementos culturais que están a desparecer; formentar o respecto polos saberes tradicionais e a Natureza; fomentar o diálogo interxeracional, entre os nenos e as persoas maiores.
  4. Mostrar as posibilidades do galego no contexto das ciencias naturais.

En principio, o proxecto está dirixido ós alumnos dos centros de Ensino Medio e do Bacharelato de Galicia. Neles preténdese involucrar tanto ós profesores de lingua galega coma os profesores de ciencias naturais, promovendo a comunicación entre as ramas do saber das Humanidades e das Ciencias Naturais. Mais o proxecto tamén está aberto á colaboración de asociacións culturais, en xeral, ou de persoas interesadas en colaborar de xeito individual.

Imaxe: 
Data de execución: 
2012 a 2018
Financiamento: 
Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia