Portal de ditados tópicos galegos

Membros do equipo: 
David Rodríguez Lorenzo
César Osorio Peláez
Descrición: 

Este proxecto ten o obxectivo de reunir nun corpus dixital os xentilicios, seudoxentilicios (alcumes), seudotopónimos, refráns e cantigas referidas a localidades galega ou ós seus poboadores. Algúns exemplos destas informacións, denominadas habitualmente ditados tópicos son:

  • Picheleiros (habitantes de Santiago de Compostela)
  • Terra da Chispa (provincia de Ourense)
  • Catasós, catorce veciños e quince ladrós.

A primeira fase desenvolveuse en colaboración coa Fundación Camilo José Cela. No seu transcurso, editouse a información contida en 1212 fichas recollidas en Galicia por numerosos carteiros para o Diccionario geográfico popular de España. Tamén se presenta diverso material complementario sobre esta iniciativa (correspondencia entre Cela e os carteiros que lle recolleron as fichas, reportaxes da época sobre determinadas localidades, etc.).

A segunda fase reuniu material procedente de colectáneas de todo tipo ou os procedentes de traballos de campo, emprendidos polo propio equipo ou por outras persoas que nos fagan chegar eses datos.

Imaxe: 
Data de execución: 
2008 a 2011
Financiamento: 
Sen financiamento