GOND011
Grande loita de luceiros 
| Title | Grande loita de luceiros | 
|---|
| Author | Gil Taboada, José | 
|---|
| Creation date | 1697 | 
|---|
| Edition | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto | 
|---|
				View options
				Text:     
Show:    
 Tags:  
				
				Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
				
				
				
			
			
			
    
    
        
            
                DEL PADRE Fr. IOSEPH GIL TABOADA,
Lector de Artes en el conuento de San Francisco 
de Salamanca.
            
        
         
            Llegò fuera de el termino de el Certamen, y por 
esso no se premiò en el lugar que merecia.
        
        
            ROMANZE GALLEGO.
        
    
    
        
            
                 GRande loyta de Luceyros
                 Ay na terra do patron
                 Santo, que fillo do Trono
                 Nas guerras sempre atronòu.
            
            
                 Cinco Luceyros no menos
                 Sopòn à vn Luceyro sò:
                 Cinco à vn, è ser Galegos?
                 No mo dà ò corazon.
            
            
                 E que loytan sobre quen
                 A quen mais alomeou.
                 Vn contra cinco? Este si
                 Que é Galego de naçon.
            
                       
                 O Luceyro sò nas armas
                 Ven da Ciudà dos Perdòs
                 Ven feyto vn perdòa vidas,
                 Mais perdòa luces non.
            
            
                 Os outros nas armas ven
                 Do grand home que mitrou
                 Fonte que deu mais rigueyros,
                 Que ten gotas vn torbon.
            
            
            
                 Ou luceyros (diz à Estrela,
                 Facendo das luzes voz)
                 Mirayme, mirayme ben,
                 Verès quen vos arrolou.
            
            
                 Eu vos faixey coma nenos,
                 Queres queu non seja mor?
                 Reparay quo voso lume
                 Os meus peytos se criou
            
                    
                 Vos por Fonseca loytades;
                 Home grandissimo foi,
                 Mais seu non lle dera Estrela,
                 Que fora dise Señor?
            
            
                 Confesso que sodes grandes;
                 Fonseca ò mundo pasmou;
                 Pero seu non vos parira,
                 Donde estuverades vos?
            
            
                 O Gran Fonseca sacorde
                 Do bò leyte que mamou:
                 Vos calay, que por Santiago
                 Que vos deyte à maldiçon.
            
                        
                 Calay pois, ou temei que
                 Vos mate dun encontron,
                 Que trago aqui prò enterro
                 O sepulcro por quèn sò.
            
                    
                 Señora May (os Luceyros
                 Din) vostede safrontou
                 Sen causa, porque esta loyta
                 Lla de dar mais relumbros.
            
            
            
                 Dou à Fonseca Santiago
                 Vida, Fonseca à honrou:
                 Que è mais à honra que a vida
                 O dixo hasta Ciceyron.
            
            
                 Arrolouno essa Ciudà,
                 Mais Fonseca à libertou.
                 Pudo outra arrolalo? Si,
                 Outro libertala? Non.
            
            
                 Fillo, è Nay se dan o ser:
                 Cal è mais dar entros dous?
                 Nay o Fillo è natural:
                 Fillo à Nay, admirazon.
            
                    
                 Nacendo o Sol da Mañàn,
                 A Mañàn mais debe ao Sol,
                 Que apartandolle as tinebras,
                 Mais lle bolve que lle dou.
            
            
                 Doulle à Ciudà ser de Fillo;
                 Fonseca ser con aciòs:
                 Vn natural, outro è libre:
                 Pois què? ten comparazon?
            
            
                 Ela o sustentou no berzo,
                 Il escola lle fundou,
                 Que è o sustento da alma:
                 Pois cal sustento è millor?
            
            
                 A honra toda dos fillos
                 Nos Pais sempre resultou:
                 Que mor honra da Mañàn,
                 Que escedela ò fillo Sol?
            
            
            
                 Ou Luceyros (diz à Estrela)
                 Eu vos voto mil beyzós:
                 Confesso queu mais lle debo;
                 A Deus ca loyta finou.
            
        
    
 
			
			
			
			
			
				| Legenda: | Expanded • Unclear • Deleted• Added • Supplied | 
Download XML • Download current view as TXT