GOND013
Señores, eu ben quixera 
| Title | Señores, eu ben quixera | 
|---|
| Author | Guerrero Lasso de la Vega, José | 
|---|
| Creation date | 1697 | 
|---|
| Edition | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto | 
|---|
				View options
				Text:    
Show:    
 Tags:  
				
				Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
				
				
				
			
			
			
    
    
        
            
                DE DON IOSEPH GVERRERO LASSO DE LA 
Vega, Rector de Villauje. 
ROMANZE GALLEGO.
            
        
    
    
        
            
                SEñores eu ben quixera
                Escriuir, pero non sey
                Nin o romance galego,
                Y è natural non saber.
            
            
                Seja o peor, è aprisa,
                Si por causo prace à fè,
                Que han de ser da miña mao
                As obras diste papel.
            
            
                A cabeça teño mala
                Dendes antantantier;
                E rezeo nestas copras
                Quey de dar algun traspè.
            
                       
                Pero valla o que valer,
                Xesus, Maria, Xose,
                Empeza xa miña Musa
                Po lo Cristos Abece.
            
            
                O sigundo Assunto vou
                No seteno tono, è sey
                Que si acerto nos trina dos
                Ei de cantar muito è ben.
            
            
                Vnhas debedas, è dudas
                Seme propon, para que 
                Desfaga; mais no me obrigo
                A facer, nin desfacer.
            
      
            
                A duda è si Don Afonso
                Debe à Santiago, ou si è què
                Santiago lle debe, è todo
                Seique serà vn si è no è.
            
                    
                Que me meto nas questios
                De debedas, cando ay quen
                Con poucas letras Poeta
                Querrà dar seu parecer?
            
            
                Con cordanzas de escrituras
                Eyqui non han de valer,
                Que en contratos do cariño,
                Solo o amor pode dar fe.
            
            
                Mais adonde van catorze
                Pregos, iràn desaseis,
                Concruiase o preito a proba,
                E despois eu falarey.
            
                        
                He Santiago sua Patria,
                Que outra non pudera ser:
                Esto poño por notabre;
                porque he notabre esta ley.
            
                    
                Despois de Deus à Santiago
                Deue don Afonso a Fè,
                Canto pode deuer deue
                Quen mais non pode deuer.
            
            
                Criarono è creceu tanto,
                Que veu estar par do Rey
                Don (en tiempo emperatiuo)
                Fernando, è Doña Sabèl.
            
       
            
                Anque fundou as Escolas,
                E fixo Colexos tres,
                Con outro de Salamanca
                En elo ay moito que ver.
            
            
                Po las dotazòs, que fixo
                Quedou obrigado, y è ben
                Se conoza obrigazon,
                Pues foi solo por querer.
            
                    
                Deixou casas, è facenda,
                Y o Patrimonio tamèn,
                E lle dera à vida, mais
                Fora esso à mais non poder.
            
            
                Do dito pois me parece
                (Bolvendo à lèr o Cartèl
                Que à Santiago Don Afonso
                Non quedou nada à deber.
            
            
                Il deu todo canto tuvo,
                E eu pido, que me den
                Se algo merezo por mal,
                Que llo tomarey por bèn.
            
            
                Pois il deu mais, que lle deron,
                Debe Santiago. Con que
                Iste è ò fallo, è serà
                Por sempre xamais amen.
            
            
                Assi señores, eu teña
                Fruito da orazon, por que
                Si anda o Romance as vinte,
                Sinal è que ten bos pès.
            
        
    
 
			
			
			
			
			
				| Legenda: | Expanded • Unclear • Deleted• Added • Supplied | 
Download XML • Download current view as TXT