GOND030
Dizque xa vén por camiño
Title | Dizque xa vén por camiño |
Author | Cernadas y Castro, Diego Antonio |
Creation date | 1759 |
Edition | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
COPLAS GALLEGAS.
1. Diz, que xá ven por camiño,
ó noso Rey, Dios ó traya,
porque, según nos din todos,
hé lindo, como unha prata.
Talalala, talalela,
talalila, talalala.
Foliada, &c.
2. Cando era ainda mociño,
contan, que xá non paraba
si non co os seus Ispañoles,
ben haya sua Nay, ben haya.
Talalala, &c.
3. Cando se foy para Naples,
no coracion nos levaba,
que como acó se criou,
tíñanos ley: miña alma!
Talalala, &c.
4. Diz que alá de dous Gallegos
fixo grande confianza:
¡é din, que na nosa terra
no hay home que valla nada!
Talalala, &c.
5. A outro, que n’un paseo
topou, un Posto lle daba:
engruñóuse, é n'acetou:
vállache á mona, Panarra.
Talalala, &c.
6. Havíache de ser éu,
que solo por verlle á cara,
lle sirvíra, sin levarlle
maravedil de soldada.
Talalala, &c.
7. Sua Nay, Dio la bendiga,
lle dou tan boa crianza,
que Reyna de mais governo
non á veu, xá hai moito España.
Talalala, &c.
8. A muller do noso Rey,
diz que hé unha Siñora guapa:
si acá viñera, ainda habia
de darnos para unha fayxa.
Talalala, &c.
9. Diz que xá ten oito fillos,
seis Varons, duas Infantas:
endeben, casi me folgo:
aidapuxa; casi hé farta.
Talalala, &c.
10. Parecese á sua Sogra
nesa fertuna tamaña,
que leva un carro de fillos
dabayxo de esa enramada.
Talalala, &c.
11. É que fillos? Santo Dios!
un diz que hé Duque de Parma,
outra Reyna Portuguesa,
é outra Duca Saboyana.
Talalala, &c.
12. O outro hé ó Siñor Don LUIS,
que ainda solteyriño se acha:
¡Ay miña Virxe! Si eu fora
Reyna, con él me casaba.
Talalala, &c.
13. Esta vai por despedida;
é por fin da foliada
levántese unha de vos,
é diga en voz Castillana.
Uno. Viva el Rey de Galicia Don CARLOS,
y ponga á su lado SANTIAGO su espada.
Todos. Idem.
Legenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Download XML • Download current view as TXT