GOND050_B
Adán non pudo pecar (S1)
Title | Adán non pudo pecar (S1) |
Author | Cernadas y Castro, Diego Antonio |
Creation date | 1753ca |
Edition | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Los que entienden la lengua Gallega,
y saben los cuentos ruidosos, que tube
con el Cano. de Santiago D. Pedro Fole,
puede ser le hallen chiste ala glosa
de la copla antecedente, que en aquellos
tiempos corriò mucho, y por si acaso gus
ta, se pone aqui.
Adan non pudo pecar:
Christo non resucitòu:
San Xuan non ò batizòu:
ninguen se pode salvar.
Glosa.
Dios à Adan cò o seu poder
puxo aquela privazon
de unha Mazan, porque non
se desmandase en comer:
¿Que fixo Adan? Quixo encher
ò Fol, è a Mazan probar:
asi pecou, que à no'andar,
aunque con Eva foi mol,
n'o conto ò demo do Fol,
Adan non pudo pecar.
Desde ali no fol do embigo,
junto a caca nos criamos,
sendo da culpa, que herdamos,
o fol ò primeir castigo:
de esto poño por testigo
a quen nos comadreòu:
aquel fol nos apestòu,
è si alguen m'o nega, a fè
tamen pode decir què
Christo non resucitòu.
Asi Adan andou tan feo,
que enfrascado na malicia,
se veu chèo de inmundicia,
asi que ò seu fòl veu chèo:
fillos, è fillas arreo
desta maneira ciscòu,
solo moi limpa quedou
à Nai de aquel Capitan,
que outro, comael no Xordan,
San Xuan non ò batizou.
Fixo penitencias rexas,
Adan, de foles vestido,
que os foles, fora ò curtido,
ò mismo son que pelexas:
por cilicio, si o cotexas,
ò Fol se pode tomar,
è non sabendo levar,
cando enfadan à pacencia,
os foles en penitencia,
ninguen se pode salvar.
Legenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Download XML • Download current view as TXT