GOND050_C
Adán non pudo pecar (S2)
Title | Adán non pudo pecar (S2) |
Author | Cernadas y Castro, Diego Antonio |
Creation date | 1753ca |
Edition | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Adan non pudo pecar
Christo non resocitou,
Sn Xuan no no baptizou
ninguen se pode salbar.
Segunda Glosa del Author à esta
Redondilla, qe conbirtio en Satira con
tra
Dn Pedro Fole, Canonigo dela
Sta Ygla de Santiago, de quien se sen
tia
algo lastimado =
Dios à Adan coo seu poder
puxo aquela pribacion
duna Mazan, por què non
se desmandase en comer.
Que fixo Adan? quixo encher
ò fol, e â mazan probar;
E âsí pecou, que a no andar
(aunque con Eva foy mol)
no conto ò Demo do fol,
Adan non pudo pecar.
Dende ali nò fol do Embigo,
xunto à Caca nos Criamos
sendo da Culpa, que herdamos,
ò fol, ò primeir Castigo:
Deesto poño por testigo
âquen nos comadreou;
aquel fol nos apestou,
e si algun mo nega, afè
tamen pode dezir, què
Christo non resocitou.
Ali Adan quedou tan feò,
què enfrascado na malicia,
se ueu cheo de ymmundicia,
asi què ò seu fol ueu cheò.
Fillos, e Fillas arreò
deesta maneyra ciscou,
solo muy limpia quedóu,
à Nay de aquel Capitan,
què â outro, como el nô Xordan,
Sn Xuan no no baptizou.
Fixo penitencias rexas,
Adan de Peles uestido,
qe os foles fora ò Cortido,
ò mesmo son què Pelexas:
Por Cilicio si ò Cotexas
Ô fol se pode tomar,
è non sabendo lebar,
cando enfadan à Pacencia,
os foles en penitencia,
nadie se pode salbar.
Legenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Download XML • Download current view as TXT