GOND079
O faraute mandón
Title | O faraute mandón |
Author | Anónimo |
Creation date | 1791 |
Edition | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Cantija que Resa un conto
pasado cun señor Faraute mandon
na vila de Bayona de Jalicia
Si viras amigo Alverto
ala no café de Pedro
ayche un papel de moyto medro
seique cho fixo Ruperto
Andache de cacho en cesta
rezando que Certa vesta
espantada coma á lebre
que o Galgo lle moyto teme
Corre de lonxe é de largo,
si biras quedabas parbo
¡E? siviras ó queu vin
de gosto mexaras certo
porque ó conto amigo Alberto
é pra riir asta ó fin
¿Contoche ó conto meu xoyo
e xuro por este alboyo
que na cama as de mexar
E non mexar á largueira,
nin mais menos pouco á pouco
sinon mexar á vieira
como mexamos co outro.
Mira Alverto site espantas
do queche vou á contar
que na estoria bay á andar
un demo dun saca mantas.
Vn señor enjalonado
é de mandon presumido
con cara de condenado
que do inferno anda fuxido.
Rapeteiro Cumilon
traja congros é sentolas
¿Picadiñas con sebolas,
moyto lle gosta ó lambon.
Dis que en cochinchina estoube
é que deixou espantado
o señor daquel estado
¡Mira ó demo donde andoube
Rapia us demes seu balor
que ben porco foy probado
cando trouxo á vila atado
de Baredo un serrador.
Foiche ó caso amigo Alverto
Que ó demo dó compostela
como saliu ben daquela
quixo mangar á Ruperto
Dou á orde prender
á irmaá de Xuan Ventura
sin botar de ber ca mosa
tiña obos na sintura
Ruperto que non ten tasa
nin se deixa pineirar
obligono sin parar
á quelle soltase á casa
Cata o home alvorotado
cun un mandato tan brusco
saca os trastos decontado
é puxose ainda mais fresco
arremetelle cal loba
una mosa de topete
disindolle á cara labona
¿boste quere que ó coma
ó que co as pernas o aprete
berra ó home alborotado
en busca dus mariñeyros
manda bir carabiñeiros
porque se mira apurado.
Ande V cavo mais listo
prenda logo á esa Xuana
y o seu hirman rayo de cristo
que a Vigo mean dir mañan
Pobre dó Cavo acañado
temblando como ua videira
respondelle desta maneira
todo de medo asustado
perdone V mi Audante
Rayo sepode prender
fixo ua raya diante
que ó quea pase á de morrer
En isto Dn Militon
que ten moito prudente
dixolle suabemente
calmese señor mandon:
aquietese señor Aldea
quese ó Pueblo se alborota
e peor que ua Balea
picada dua jabota
puxolle barias razos
para todos muy espretas
que entre homes de calsons
sempre se teñen por sertas,
Dixolle aquel jran farol
que ó seu feito tan fatal
ainda Fose no Ferrol
mirariano moy mal.
Contestou ó Bacanota
¿queme importa quidiantres?
Bayona ten mala nota
no Ferrol en todas partes
Cun dito tan indecente
na boca dun falador
Fixo nun Fose prudente
quen fora consiliador
no amor Patrio firiado
aquel dino Beterano
biu diante un enegmigo
do seu Pueblo muy amado
Dn Militon paso atras
buscando á sarten que cata,
mentras dixolle otro nene
fuxe Aldea que te mata.
Bota ó home costa arriba
por vida de Belcebú
tanto estiraba á barrija
que puña os tacos nu cú
Alverto correndo tras del
con Militon á vienira
jritaba desta maneira
jaxe gjaxe prendan nel
mais bendo que ó home asustado
socorro á voses pidia
cantoulle esta letania
con salmo ben entonado
non fuxa señor Aldea
faja cara ó enemigo
que pra vela pelea
estou equi de testigo
fagja frente á retaguardia
un militar nunca foxe
morre primeiro en banguardia
mire quelle boto ó coxe
Leve ó demo caso daba
como jatiño escaldado
lebava ó fojo no rabo
por vida dos obos chocos
vaya un militar valente
queno mandara á marrocos
á luitar coaquela xente.
Vaya un capitan de Esparto
que ten á nosa marina
So vira ó Xeneral Jarabina
leve ó demo daba un carto.
Toma ó home ua capilla
Berrando acudan equi
queme atrapa queme pilla
escondame Piriqui
Sobre uas boyas deitado
erache cousa evidente
o ber aquel traga xente
con todo calson cajado.
nua lacena mitido
mentras ó pueblo berrando
queremolo ber fritido
casi ó home morto estaba
El faser fixoa fresca
cu barulliño que armou
tan escaldado quedou
lebe ó demo arma otra gresca
disque ó botan para diante
de Capitan dun portiño
veilla cunmigo Alvertiño
quese bay ó atrapante
Legenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Download XML • Download current view as TXT