GOND030
Dizque xa vén por camiño 
| Título | Dizque xa vén por camiño | 
|---|
| Autor | Cernadas y Castro, Diego Antonio | 
|---|
| Fecha originaria | 1759 | 
|---|
| Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto | 
|---|
>
| Tipo de fuente | Impresa | 
|---|
| Lengua | Galego | 
|---|
| Género | Poesía culta | 
|---|
| Difusión | Textos públicos | 
|---|
| Autonomía | Textos non autónomos | 
|---|
| Título del volumen | Obras en prosa y verso del cura de Fruime D. Diego Antonio Cernadas y Castro, natural de Santiago de Galicia | 
|---|
| Lugar de publicaci | Madrid | 
|---|
| Editorial / Imprenta | Joachin Ibarra, impresor de camara de S.M. | 
|---|
| Fecha del volumen | 1779 | 
|---|
| Páginas | vol. V, p. 181-183 | 
|---|
				Opciones de visualización
				Texto:     
Mostrar:    
 Etiquetas:  
				
				Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
				
				
				
			
			
			
   
       
                       
            
                COPLAS GALLEGAS.
                          
        
       
    
                   
           
                1. Diz, que xá ven por camiño,
                ó noso Rey, Dios ó traya,
                porque, según nos din todos,
                hé lindo, como unha prata.
                Talalala, talalela,
            
                talalila, talalala.
                Foliada, &c.
           
           
                2. Cando era ainda mociño,
                contan, que xá non paraba
                si non co os seus Ispañoles,
                ben haya sua Nay, ben haya.
                Talalala, &c.
           
            
                3. Cando se foy para Naples,
                no coracion nos levaba,
                que como acó se criou,
                tíñanos ley: miña alma!
                Talalala, &c.
           
           
                4. Diz que alá de dous Gallegos
                fixo grande confianza:
                ¡é din, que na nosa terra
                no hay home que valla nada!
                Talalala, &c.
           
           
                5. A outro, que n’un paseo
                topou, un Posto lle daba:
                engruñóuse, é n'acetou:
                vállache á mona, Panarra.
                Talalala, &c.      
           
           
                6. Havíache de ser éu,
                que solo por verlle á cara,
                lle sirvíra, sin levarlle
                maravedil de soldada.
                Talalala, &c.
           
           
                7. Sua Nay, Dio la bendiga,
                lle dou tan boa crianza,
                que Reyna de mais governo
                non á veu, xá hai moito España.
                Talalala, &c.
           
        
           
                8. A muller do noso Rey,
                diz que hé unha Siñora guapa:
                si acá viñera, ainda habia
                de darnos para unha fayxa.
                Talalala, &c.
           
           
                9. Diz que xá ten oito fillos,
                seis Varons, duas Infantas:
                endeben, casi me folgo:
                aidapuxa; casi hé farta.
                Talalala, &c.
           
           
                10. Parecese á sua Sogra
                nesa fertuna tamaña,
                que leva un carro de fillos
                dabayxo de esa enramada.
                Talalala, &c.
           
           
                11. É que fillos? Santo Dios!
                un diz que hé Duque de Parma,
                outra Reyna Portuguesa,
                é outra Duca Saboyana.
                Talalala, &c.
           
           
                12. O outro hé ó Siñor Don LUIS,
                que ainda solteyriño se acha:
                ¡Ay miña Virxe! Si eu fora
                Reyna, con él me casaba. 
                Talalala, &c.
           
            
                13. Esta vai por despedida;
                é por fin da foliada
                levántese unha de vos,
                é diga en voz Castillana.
           
                Uno. Viva el Rey de Galicia Don CARLOS, 
y ponga á su lado SANTIAGO su espada.
                Todos. Idem.
    
        
    
 
			
			
			
			
			
				| Leyenda: | Expanded • Unclear • Deleted• Added • Supplied | 
Descargar XML • Descargar selección actual como TXT