GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND030

Dizque xa vén por camiño

>
TitleDizque xa vén por camiño
AuthorCernadas y Castro, Diego Antonio
Creation date1759
EditionÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto
Source typeImpresa
LanguageGalego
Text typePoesía culta
CirculationTextos públicos
AutonomyTextos non autónomos
Monograph titleObras en prosa y verso del cura de Fruime D. Diego Antonio Cernadas y Castro, natural de Santiago de Galicia
Monograph placeMadrid
Monograph publisherJoachin Ibarra, impresor de camara de S.M.
Monograph date1779
Pagesvol. V, p. 181-183

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

COPLAS GALLEGAS. 1. Diz, que ven por camiño, ó noso Rey, Dios ó traya, porque, según nos din todos, lindo, como unha prata. Talalala, talalela, talalila, talalala. Foliada, &c. 2. Cando era ainda mociño, contan, que non paraba si non co os seus Ispañoles, ben haya sua Nay, ben haya. Talalala, &c. 3. Cando se foy para Naples, no coracion nos levaba, que como acó se criou, tíñanos ley: miña alma! Talalala, &c. 4. Diz que alá de dous Gallegos fixo grande confianza: ¡é din, que na nosa terra no hay home que valla nada! Talalala, &c. 5. A outro, que n’un paseo topou, un Posto lle daba: engruñóuse, é n'acetou: vállache á mona, Panarra. Talalala, &c. 6. Havíache de ser éu, que solo por verlle á cara, lle sirvíra, sin levarlle maravedil de soldada. Talalala, &c. 7. Sua Nay, Dio la bendiga, lle dou tan boa crianza, que Reyna de mais governo non á veu, hai moito España. Talalala, &c. 8. A muller do noso Rey, diz que unha Siñora guapa: si acá viñera, ainda habia de darnos para unha fayxa. Talalala, &c. 9. Diz que ten oito fillos, seis Varons, duas Infantas: endeben, casi me folgo: aidapuxa; casi farta. Talalala, &c. 10. Parecese á sua Sogra nesa fertuna tamaña, que leva un carro de fillos dabayxo de esa enramada. Talalala, &c. 11. É que fillos? Santo Dios! un diz que Duque de Parma, outra Reyna Portuguesa, é outra Duca Saboyana. Talalala, &c. 12. O outro ó Siñor Don LUIS, que ainda solteyriño se acha: ¡Ay miña Virxe! Si eu fora Reyna, con él me casaba. Talalala, &c. 13. Esta vai por despedida; é por fin da foliada levántese unha de vos, é diga en voz Castillana.

Uno. Viva el Rey de Galicia Don CARLOS, y ponga á su lado SANTIAGO su espada.

Todos. Idem.


Legenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Download XMLDownload current view as TXT