GOND009 Ilustre Afonso, me mandan
Título Ilustre Afonso, me mandan
Autor del Valle, Francisco Antonio
Data orixinaria 1697
Edición Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto >
Tipo de fonte Impresa
Lingua Galego
Xénero Poesía culta
Difusión Textos públicos
Autonomía Textos compilados
Editor do volume Ioseph Varela y Vasadre
Título do volume
Fiestas Minervales, y aclamacion perpetua de las Musas, à la inmortal memoria de el Ilustrissimo, y Excelentissimo Señor D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por sv escvela, y vniversidad
Lugar de publicación Santiago de Compostela
Editorial / Imprenta Antonio Frayz
Data do volume 1697
Páxinas p. 34-36
Opcións de visualización
Texto: Transcrición Edición Edición interpretativa Estandarización
Mostrar: Cores Formato <pb> <lb> Imaxes
Anotación: Etiqueta morfosintáctica Lema
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
DE D FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE
ROMANZE GALLEGO
Ilustre Afonso me mandan ,
Que en vinte copras galegas
Diga , si vos debe à Patria
Mais , que vos debès à ela .
Eu non sei por onde empeze
Nomear vosas grandezas ,
Vosos feitos , vosas obras ,
Porque non nacin Poeta .
Si fora coma vn Ovidio ,
Que o mamou coa teta
Non figera vinte copras ;
Figera mais de millenta .
Dubido do que farei
Para sair desta enfeita ,
Magino roer as vñas ,
E bourar muy ben na testa .
Por outra banda me din
Que colla è barra à tranqueyra
Donde Persio dis que fan
De repente grans Poetas .
Deixo à fonte Cabalina
Quen quixer , que de la beba :
Non me acordo do Parnaso ,
Nin soño co el siquera .
Ben ou mal como souper
Passarei miña carreyra ;
Suprico à sus Señorias
Se sirvan portar pacencia .
Pidolles perdón das faltas ;
Esto è forza me concedan ,
Pois para laudes da Fonso
A retolica non chega .
Tan pouco para escrivilas
Vinte maus ca resma teña :
Saiba ò mundo Don Afonso
Nacistes en boa Estrela .
E que sodes do funduxe
Da Cidad de Compostela ,
Que si vnha ten por Armas ,
Cinco son as bosas mesmas .
De Nobreza nai falar ,
Que vos sobra po las tellas
Na bosa , labrastes Casa
Para Escola de Minerva . Las escuelas se fundarõ en la casa en que naciò .
Deste Emporeo , è Athenas sodes
Fundador , Patron , Mecenas ,
Tres Colegios son os que
Fundastes co as suas Becas .
Vnha de color azul ,
As outras son de bermella ,
( No è razón , que aquí de Fontes )
O Condado se me esqueça .
Librastes duas Cidades
Do trabuco que non peytan :
O Rey vos fiz Arçobispo
Por bosas erguidas prendas .
De Santiago , è de Toledo ,
Honraste de sorte à terra ,
Que lle quedoi tal membrança
Ca inda oje por vos rezan .
En limosna , è cousas pias ,
En donaçòs , en ofrendas ,
En dotar as fundaçòs
Empregastes bosas rendas .
Vn primeiro sin segundo
Fustes , si , na bosa era ,
E despois à acà non vejo
Quen con vos corra parella .
Aforremos de disputas ,
Ca aquí non cabe Probrema ,
Mayormente cando à os Astros
Dominou bosa moleyra .
Das susoditas premissas
Saco aquesta consequenza :
Logo debe à Don Afonso
A Patria mais , que èl à ela .
Celebren bosos recordos
Doutores , Retor , Colegas ,
E gozaivos Pai da Patria
Tres altos mais das Estrelas .
Lenda:
Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied
Descargar xml • Descargar vista actual como txt