GOND010 Mandan que se han de compor
Título Mandan que se han de compor
Autor Correa Mendoza y Sotomayor, Juan
Data orixinaria 1697
Edición Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto >
Tipo de fonte Impresa
Lingua Galego
Xénero Poesía culta
Difusión Textos públicos
Autonomía Textos compilados
Editor do volume Ioseph Varela y Vasadre
Título do volume
Fiestas Minervales, y aclamacion perpetua de las Musas, à la inmortal memoria de el Ilustrissimo, y Excelentissimo Señor D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por sv escvela, y vniversidad
Lugar de publicación Santiago de Compostela
Editorial / Imprenta Antonio Frayz
Data do volume 1697
Páxinas p. 37-39
Opcións de visualización
Texto: Transcrición Edición interpretativa Estandarización
Mostrar: Cores Formato <pb> <lb> Imaxes
Anotación: Etiqueta morfosintáctica Lema
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
DE DON IVAN CORREA MENDOZA Y
Sotomayor .
ROMANZE GALLEGO
Mandan , que se han de compòr
Vinte copras de pergenio ,
E diz que estas vinte copras
Han de ser todas en verso .
E esto de escrivir por contas
He dezernos , que rezemos ;
Ou despensar en que sejan
As nosas copras de cego .
Pero ten enficultade ,
E non entendo este rezo ,
Que he de vinte , è o Rosario
Solo ten quinze mesterios .
O Domine labia mea
Seràn os cinco premeyros ;
Logo despois na medalla
Entrarà o ofrecimento .
Ora ei lo bay meus fidalgos
Os prolojos encurtemos ,
Que se o exordio for comprido
Diràn que he de compremento .
O caso està en falar
Ben da quel gran Cavaleyro
Duas vezes Arcibispo
De Santiago , è de Toledo .
E se esta Cidad viue
Obrigada ò seu respeyto ,
Ou so seu respeyto foi
Obrigado ao nacimento .
E o assumpto do Certamen
Eu digo , que jal de menos
Todos os de este destreyto
Muyta obrigaçon lle temos .
Porque ainda que non fora
Mais que fundar os Colejos ,
Que nos alegran ò corpo
Co a fayja de bermello .
He co as caras de risa
Alegres , è pracenteyros
Todos moziños , è como
Vn parafuso dereytos ,
Donde coma dun alcoube
Trasprantados no Consello
Dan froitos de bendiçon ,
E todos son froitos certos .
Pois nas Igrejas , seria
Contar estrelas no Ceyo
De tantos Conigitates
Cantos po lo mundo vemos .
Que se pode ben dezer ,
Que no ay no descuberto
Das palestras de Minerva
Outro mellor Pegureyro .
E tamèn que à sua terra
Lle foy ingrata è ben certo ,
Ca se fora agradecida
Fora mais , ou fora menos .
Se fora na antiguidade
Oin dezer os mais vellos
Lle leuantaran Estatuas ,
Lle erigiran Masoleos .
Por Apolo en sabidencia
Mellor co que ò Rey Admeto
Alà po los campos de Elis
Gardou cabras , è carneyros .
Porque librou sua res
Decote po los outeyros
Dos montes Compostelanos
Do trifauce Can Cerbeyro .
Este vos digo eu que foi
Pastor ben feyto , è dereyto ,
Que traìa seu cajado ,
Tamen visteu seu Capelo .
Libertounos de trabucos ,
Dalcauelas , è de peytos ,
Porque lle damos rendidos
Os corazons en obsequio .
Se coa mesma vontade ,
Que eu fago este rendimento ,
Me ofrecen ò chicolate
Me darey por satisfeyto .
Lenda:
Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied
Descargar xml • Descargar vista actual como txt